• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
PEITOESCURO

No máis escuro habita a semente da luz máis salvaxe.

PEITOESCURO é o nome nel que habita a esencia de Rubén, un artesan sonoro afincado nunha pequena aldea nas faldas da Serra do Courel dende o ano 2016.

O proxecto, salvaxe en todo o seu concepto artístico, expresa o canto duns paxaros entre as ruinas dun rural ferido. Cancións populares con cinxa de poesía cuxas melodías conectan os mapas do pasado, maridando palos flamencos con ritmos tribais e atraendo humanos ó redor do lume para sentir así latexar as raíces do folclore ibérico presente.

As súas xenuinas composicións baixan do monte para ser cantadas dun xeito valiente e vibrante, acompañado da súa desgastada guitarra e a potencia da pel percutida. Con todo, PEITOESCURO proponse como un dos artistas con maior proxección do rural galego.

Á súa posta en escena é, á vez, unha celebración das impurezas e un soprido nas ascuas dun

presente que necesita lembrar para florecer.

Contratación

Black Pro Produccion & Rental
Antonio García Lago
+34 695 45 48 85 - +34 637 900 573
booking@blackpro.net

Discografía

ALVORADA

PEITOESCURO

2025, PEITOESCURO

Vídeos

ALVORADA Cap. 1

PEITOESCURO

Tal vez tamén che gusten