• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

ALVORADA Cap. 1

PEITOESCURO

Do máis profundo da serra baixan melodías de inverno, cantos para avivar ó lume, espantando o frío e quentando o corpo nas mañás de xeada. Cantos que, ó camiñar, embravecen ríos e fan galopar guitarras, espertando e atraendo ás deusas vellas; deusas que ten algo que dicir aínda que as tentemos evitar con amuletos que creemos
sagrados.

ALVORADA conta a historia dun labrego solitario e a súa convivencia cos espíritos dun rural
ferido que se cubre de hedras para atopar a semente do seu renacemento.