Aversion Fest
Contacto
(+34) 689 583 342 info@aversionfest.com
O Aversion Fest é un festival sen ánimo de lucro de música alternativa, entendendo por esta aquela que non ten un fin comercial. Celébrase en Burela (Lugo) dende o ano 2011 e foi fundado co obxectivo fundamental de promocionar a música desde a súa base.O Aversion Fest nace coma un festival de un día orientado ao metal, hardcore e xéneros afíns; mais dende a segunda edición preséntase coma un evento de dous días e inclúe o rock, punk e derivados como parte da oferta musical.En Outubro do ano 2012 elabórase a "Declaración de Principios do Aversion Fest" coa pretensión de preservar a esencia coa que se fundou o festival e dotándoo dunha personalidade propia e diferenciada, alén de para marcar o obxectivo a longo prazo máis ambicioso posible: “estabelecer o Aversion Fest como un punto de encontro e referencia no ámbito internacional”. A decisión de traballar en prol da internacionalización do festival induciu a introdución progresiva de formacións doutras comunidades autónomas e doutras nacionalidades.Coa Declaración de Principios por bandeira o Aversion Fest evolucionou ata o que é na actualidade: unha plataforma para promocionar diversas correntes culturais do underground coa música como fío condutor. Dentro dun ambiente cordial e festivo desenvólvese un programa para promover o uso do galego, a cultura DIY (Do It Yourself), os principios da Cultura Libre e, en xeral, dun pensar orientado ao traballar en prol da diversidade e o ben común.DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DO AVERSION FEST:— Galego— Potuguês— Catalá— Español— English
Promotores: Asociación Cultural Cultura Ceibe
Ano de creación: 2011
Periocidade: Anual
Duración: Dous días
Lugar de celebración: Burela, Lugo, Galicia
Datas aproximadas de celebración: Semana Santa