• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Reperkusión

Reperkusión

—Reperkusión é un festival multidisciplinar que busca a orixinalidade en todos os estilos que acolle baixo o paraugas da mestizaxe cultural.

—Reperkusión é música, é circo, é teatro, é danza, pero é especialmente festa e bo "rollo" para todos os públicos, aínda que sobre todo para os mozos de espírito, independentemente da súa idade.

—É un evento con actividades programadas durante todo o día e toda a noite, pensadas para facer gozar durante 3 días sen interrupción a mozos, familias, nenos e ata maiores.

—Trátase un festival de referencia en Galicia e, tras 11 anos de percorrido, é tamén unha referencia a nivel nacional.

—Os artistas máis destacados que pasaron polo festival foron: Manu Chao La Ventura, Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Two Many DJ’s, Diplomáticos de Monte Alto, Macaco, Muchachito Bombo Infierno, etc.

—O Reperkusión celebrou en 2013 a súa 11ª edición e, por segundo ano, foi na Cidade dos Muchachos de Bemposta, logo do éxito da pasada edición, na que por primeira vez se celebrou nestas instalacións situadas no municipio de Ourense. Trátase dun lugar moi especial, no que se desenvolveu un proxecto modélico de integración e compromiso social que tiña nas artes e no circo un dos seus piares. Un recinto con rúas dedicadas ao circo e ás artes, vivendas, espazos amplos, zonas verdes, edificios polivalentes, un domo espectacular e multitude de detalles.

Promotores: Fankani Producións S.L.

Ano de creación: 2003

Periocidade: Anual

Duración: 2 Días

Lugar de celebración: Bemposta (Ourense)

Tal vez tamén che gusten