• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Parvo

Parvo

Pontevedra


Contacto:
Toño Magariños
639 551 492
639 551 492

parvo@parvo.gal

Que facemos?

Nunha sociedade de consumo atomizada e excesiva na cal a creación pasou a ser relegada aos últimos postos en termos de dignidade, o artista é community manager, deseñador, xestor fiscal, booker e publicista. En Parvo non somos tan crédulos para crer que podemos cambiar a sociedade de consumo pero si o bastante inxenuos como para asegurar que polo menos podemos suavizar os seus efectos sobre a túa obra.

Se o teu traballo como artista é a construcción dun descurso, nós axudamos á súa implantación, xa sexa axudando ao desenvolvemento dos teus procesos editoriais ou de contratación ou comunicando os teus proxectos para que asomen á superficie do mar de información.
Máis un proxecto de aproximación que unha empresa, e máis unha colaboración que un servizo, Parvo axúdache para que crezas nos obxectivos que te marcaches como artista. Consulta.

Que non facemos?

Non traballamos con artistas que non nos provoquen emocións. Se nós non sentimos nada, será imposible que traballemos con elo.
Non traballamos con artistas que teñan a creación por divertimento de fin de semana. Somos profesionais en desenvolmemento, ámbalas dúas partes. Se ti non respectas o teu traballo, dificilmente poderemos facelo nós.
Non tarifamos o noso traballo. Buscamos fórmulas de compensación que deixen contentas ás dúas partes.