• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
Spam SCQ

Spam (Spam SCQ en internet) nace en 2011, xurdindo das cinzas doutro grupo, Sadness. Por aquel entón os seus fundadores deciden que é hora de embarcarse nun novo proxecto que poida servir como plataforma a inquedanzas musicais máis variadas e heteroxéneas.

No momento en que conviven na mesma banda influencias tan dispares como Iron Maiden, Helloween, Black Sabbath, Metallica, Pearl Jam, Tool, The Clash, Lou Reed e mesmo artistas como Tom Waits, parece claro que os seus integrantes necesitaban unha nova etiqueta baixo a que dar renda solta a todo ese conxunto de músicas distintas.

Claro que o currículo de Spam e os seus compoñentes vai máis aló dos antigos Sadness e inclúe outras formacións clásicas da zona de Compostela como Pumuky, The Paulovers, Garlic Dolls, Tungsteno ou Orestes.

Con tantas e tan variadas influencias como ten Spam a súa música é dificil de clasificar nun só estilo e polo tanto os seus temas son moi diferentes e sen ataduras estilísticas, aínda que parece claro que o fío condutor que aglutina todos os seus temas é o ROCK, un rock guitarreiro e contundente pero variado e heteroxéneo.

Despois duns anos ensaiando e tocando en vivo, en 2015 editan o seu primeiro álbum “Keep the Flame” gravado en Pousada Son Studios baixo a batuta do prestixioso produtor Iago Pico. O seu Primeiro single “Quirk of Life” conta cun espectacular videoclip realizado por Alejandro Álvarez de Alrojo Produtora que se converte en todo un suceso nas redes sociais.

Contratación

Spam SCQ
Daniel Longarela
(+34) 666 740 229
spamscq@gmail.com

Discografía

Keep the Flame

SPAM SCQ

2015, Spam SCQ

Vídeos

Silly Game

SPAM SCQ

Quirk of Life

SPAM SCQ

Tal vez tamén che gusten

¡Qué Desilusión!

ASI/SI

Brutal

Deleiba

Dr. Garimba

Grand Soul Band