• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

The Corner

MARVIN L, UVE

The Corner, novo single de Marvin L, artista lucense pertencente ao colectivo Fume Records.
O visual, gravado na cidade de Marrakech en marzo de 2020, foi editado polo colectivo audiovisual Karpamedia nun formato super-8 e con filtros cálidos que nos transportan directamente ao ambiente climático e social da cidade marroquí.
A música atmosférica e limpa corre a cargo do produtor santiagués Uve, axudado dos arranxos de LaSombradelHumo (Lugo), quen tamén se encarga da gravación, mestura e máster do track. Ademais, podemos gozar dos apoios vocais de K- Imam, novo membro de Fume Records e do que pronto teremos referencias individuais.
A canción está dedicada aos rapaces e rapazas do Centro de Menores Santo Anxo (Rábade, Lugo) onde estiveron traballando algúns membros do colectivo como Marvin L ou Jpedrosx.

Máis vídeos de Marvin L

Cualquier Día

MARVIN L, LASOMBRADELHUMO