• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Mestre

BUXA

"Mestre" é o noso primeiro videoclip. Foi realizado en colaboración coa productora SIRADELLAfilms para conmemorar o centenario do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre, quen tivo unha fonda relación coa vila do Grove.
Aínda que Buxa é unha banda de música instrumental, esta vez incluímos o recitado dun poema. A peza musical é unha composición propia da banda e contén un poema deste autor, “Airiños da miña terra”, escrito no Grove en agosto de 1900.
O vídeo conta con localizacións en lugares e edificios do Grove significativos na vida de Luis A. Mestre, como a súa casa, a Illa da Toxa ou a Laxe de Raeiros.

CANTARES GALLEGOS
“Airiños da miña terra”

Pau da terra o meu fungueiro,
pau da terra, ten baixado
muito lombo forasteiro.

¡Cheira ben teu carabel!
Xa sei qu-oxe, miña rula,
á fartar bicache n-él.

Sabeo ben xa tod-a-xente
para rillar n´o creto alleo
teñen as meigas bo dente.

Reina e d-as rapasiñas,
fanlle á croa as volvoretas,
fanlle a alfombra as anduriñas-

Diante de min non fales,
si che-ai criba pr´as mintiras
a mina non e das tales.

Non che ai mais, vella baldroas,
non che ai mais qu´as nosas berzas
non che ai mais qu´a nosa broa.

¡Foi xa aquelo!...O qu-oxe importa
e atrancar ben a lumeira,
e fechar millor á porta.

Eu acordocheme ben,
feridiña que ti fagas
sempre n-a y´alma se ten.

Non che pode ser bo agoiro
ó de estarche c-o fungueiro
repinicando n-o coiro.

Caladiño, caladiño,
sempre calado, meu vello,
que haiche orelas no camiño.

Algo alí che po