Vídeos
Mentres todos os meus libros arden
FANNY & ALEXANDER
"Mentres todos os meus libros arden" é o cuarto videoclip de "A túa ausencia neste ar", o máis recente disco longo da banda compostelá Fanny & Alexander, editado o pasado ano 2022. Unha peza construida encol dun poema da poeta marinense Lara Dopazo, incluido no seu poemario "Claus e ao alacrán" (Premio Fiz Vergara 2018), que aborda o medo á perda dos seres queridos. A videocreación foi realizada, como xa é habitual, pola propia banda e conta coa participación da propia autora, fechando así o círculo visual da participación sonora que tivo na canción en forma de spoken word.
Máis vídeos de Fanny & Alexander