Vídeos
Falade Galego
BANDA BACANA
"Falade Galego" (2022) é o primeiro single da banda de fusión afrolatina, que convida a bailar e desfrutar a través da súa música e da conexión entre a poesía en galego e os ritmos alén do Atlántico. Neste caso o poema homónimo de Eduardo Pondal mestúrase con ritmos inspirados no tumbe carnaval afrochileno dando lugar a un tema cheo de enerxía, positividade e optimismo para vivir a nosa lingua galega e animar a que presentes e futuros a sigan falando: "a única lingua mal falada é a que non se fala".
Máis vídeos de Banda Bacana