• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Madame Rachel - capítulo 0

MADAME RACHEL

Na década de 1860, os escuros recantos de Londres foron testemuña dos enganos e artes escuras de Sarah Rachel Russell, máis coñecida como Madame Rachel.

Durante a súa estancia en Bond Street gañou a fama de vidente e curandeira de renome baixo o lema "Beautiful Forever", aínda que o seu verdadeiro do residía na súa habilidade para convencer á alta sociedade de que os seus ungüentos e bebidas eran a chave para a eterna xuventude.

Madame Rachel foi atrapada e procesada en 1878. Dous anos despois morreu esquecida no cárcere de Woking.