Vídeos
Lévame
BRUMEIGHO
"Lévame" é unha canción popular galega da comarca das Rías Baixas, da zona de Vilagarcía de Arousa, de compositor e data descoñecidos. Non hai moita información sobre esta canción, nin que nos diga de que época procede nin de a quen se lle ocorreu a idea de poñerlle a melodía a unha partitura... nada, e como adoita ocorrer coas cancións populares, a letra ten moitas variacións con diversas letras que foron modificadas en diferentes épocas e por diferentes persoas dependo de quen a cante.Nós fixémola ó noso xeito, a primeira copla é de composición propia, e o resto son partes de diferentes versións, foi gravada no Rockódromo - Escuela de música moderna na Pobra do Caramiñal, e producida, mesturada e masterizada por Luis Antelo en Estereoarte Estudios en Vigo.
Máis vídeos de Brumeigho