• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

As engurras da man de miña avoa

APRENDIZ, DANIEL MADISON

As engurras da man de miña avoa podían contar unha historia tanto como o fan os versos que compoñen esta canción. Son mans que sementan, que cociñan, que lavan, que curan e que dan conta dunha familia que saíu adiante grazas a mulleres fortes que nunca puideron cuestionar o bando ao que pertencían.

Eu tan só lle din un fío a unha historia que merecía ser contada: a historia dunha muller que, como as demais, foi vítima do seu contexto, que tivo poucas alternativas, pero que, pese a todo, construíu unha familia con amor, sen pedir nada a cambio.

"AEDMDMA" canaliza o sentir deste álbum. É unha carta de agradacemento a miña avoa e ao traballo de toda unha vida. A esa roupa que foi de meus irmáns, miña e despois de meus primos. É unha canción feita para miña avoa, pero feita ao mesmo tempo para todas as avoas, pois elas son arquitectas iletradas da terra que hoxe é nosa.

Máis vídeos de Aprendiz

DALDEA

APRENDIZ, VOLK GZ

Bágoa de meiga

APRENDIZ, PETER PETROWSKI

Un día en Higharbor

APRENDIZ, SIBE

Tiempo

APRENDIZ

Lágrimas de sangre

APRENDIZ