Vídeos
Naturezas
PÉ DE BOI
A banda galega Pé de Boi, preséntanos o videoclip do tema "Naturezas", correspondente ao traballo discográfico "SomosNós".
Esta canción fálanos da importancia do respecto pola natureza.
Dos despropósitos que se acometen contra ela a prol dos interese privados duns poucos, e da hipocresía e aproveitamento dalgúns políticos no beneficio das súas carteiras.
Na canción colabora coa letra e a voz o grupo pontevedrés, "Conversos" (Boel & Luc Copin).
O videoclip foi elaborado a través dun taller de video-creacion levado a cabo na asignatura de "Atención Educativa" durante o curso académico 2012/13.
Pé de Boi dá as grazas a tod@s @s alumn@s participantes no proxecto (6º curso de Ed. Primaria do CPI Armando Cotarelo Valledor - Boimorto. A CORUÑA).
Máis vídeos de Pé de Boi