• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Tu Piel (King's Highway)

EN CASA DEL HERRERO

Catro anos desde a última vez que nos metemos a gravar. O mundo non é nin parecido ao de entón. De feito, poderiamos dicir que o único que non cambiou en todo este tempo é o moito que seguimos botando en falta a Tom Petty. Por iso, En Casa del Herrero puxémonos en mans de Paul Álvarez (Gruta) para recrear un dos vellos éxitos de Petty & The Heartbreakers: King's Highway, habitual no noso repertorio en directo. Unha canción profética. Un himno de esperanza para unha época convulsa. Unha declaración de principios. Unha chamada a seguir adiante e crer no futuro.
Quixemos darlle unha volta e personalizala un pouco. E rexistramos ata tres versións do mesmo tema: en inglés (como a orixinal), galego e castelán. Nestas dúas últimas linguas, as nosas, Eduardo Herrero reescribiu a letra intentando respetar ao máximo a esencia do texto orixinal de Petty.
Gravamos a medio camiño entre o noso local de ensaio en Culleredo e o estudio doméstico que Paul ten na Coruña. El encargouse tamén da mestura e da masterización. E realizou un traballo excelente.
Á formación habitual de En Casa del Herrero (Eduardo, voz e guitarra; Carlos Clerins, guitarra; Jorge Quesada, baixo; Óscar Quintáns, batería; e Xabier Facal, órgano) sumamos as colaboracións de Mar Blanco (coros) e o propio Paul Álvarez (guitarra)

Máis vídeos de En Casa del Herrero

Havin' An Affair

EN CASA DEL HERRERO

Descatalogado EP (con Kevin Weatherill)

EN CASA DEL HERRERO

Duele

EN CASA DEL HERRERO

Making Of de "Tradicción"

EN CASA DEL HERRERO

Mirade Para O meu Pequeno ("Tradicción", 2016)

EN CASA DEL HERRERO

I Won't Back Down (Tom Petty cover, "Tradicción" bonus track)

EDUARDO HERRERO

Ya está bien! (videoclip)

EN CASA DEL HERRERO

Visitin' The Blues

EN CASA DEL HERRERO

The Coward Song

EN CASA DEL HERRERO

Plane Wreck at Los Gatos (Deportees)

EDUARDO HERRERO, JOEL RAFAEL

Miguel

EN CASA DEL HERRERO