Vídeos
Lúa de Prata
FUXAN OS VENTOS
Co gallo do Día das Letras Galegas, o emblemático grupo de folk Fuxan os Ventos musica o poema “Lúa de Prata” da homenaxeada este ano 2018: María Victoria Moreno. Fuxan os Ventos mergúllase na lírica da autora e enchóupaa da súa esencia, conseguindo que cada palabra vibre como unha nota máis desta melodía. Esta canción pretende lembrar á escritora que tan fonda pegada deixou nas nosas letras, especialmente na literatura infantil e xuvenil. Fuxan os Ventos, seguindo o ronsel doutros anos, volve render homenaxe ás nosas letras cunha harmonía de sons, na que voces, vento, corda e percusión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno. Colaboran neste tema Roi Adrio (percusións), Simón García (contrabaixo), Adrián Valdés (fagot) e Miguel Díaz (clarinete).
Máis vídeos de Fuxan os Ventos