• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

Angrois

BATEMENTO

Titulo: "Angrois"
"Dedicada ás vítimas, familias e voluntarios da traxedia"

Autor: Grupo Batemento
Voz: Frank Véliz e Maythe Leiva
Letra: Jaime Deulofeu
Dirección e montaxe vídeo: Mero Afonso

Temos o pracer de mostrarvos o noso tema "Angrois" e o seu clip.
Esta canción está dedicada a todas as vítimas, familiares e voluntarios da traxedia.

A nosa intención non foi outra que achegar un pouco de alento a todos eles co mellor que sabemos facer, música.
Angrois está interpretada por Batemento e as maxestosas voces de Frank Véliz e Maythe Leiva e formará parte do disco que estará dispoñible a mediados de outubro deste ano.
Tamén agradecer todo o que nos están a axudar os amigos da Orquestra Olympus e Peke polo seu cariño, dado que sen a súa axuda este vídeo non sería posible. A Ezequiel Alonso polos seus deseños. Ao equipo de ELITEmusical polo seu estudio de gravación e apoio incondicional.

Non vos preocupedes, irémosvos informando paulatinamente e enviando anaquiños musicais en forma de vídeo, para que esteades ao tanto de todo o que imos facendo. En definitiva, estámolo a compoñer para todos eles. Poñendo en cada nota, melodía e harmonía un anaco dos nosos sentimentos.

Un abrazo forte,
Batemento.

Máis vídeos de Batemento

Make Me Feel So

BATEMENTO, TRAFFIC HOUSE & ERIKA LEWIS

Let Me Love You

BATEMENTO

Adrenaline

BATEMENTO

A opinión do Mestre Antón Corral sobre "Overture".

BATEMENTO

Angrois - 31/7/14 - Batemento & Olympus - Praza do Obradoiro

Gordon Duncan Tribute - Batemento AudioDEMO

BATEMENTO