• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Vídeos

A Moura

SHEILA PATRICIA

“A Moura, deidade enfeitizada entre esta vida e o inframundo, gardiá dos maiores dos tesouros, mantén afastada a cobiza humana. Con fasquía de serpe, porta unha flor vermella e agarda na súa cadeira de pedra a visita de quen procura o seu amor”.


LETRA:
Polo mar de Redondela

Na cidade do Santiago
Non quero ser taberneira
Non me criou miña nai
Para ser revendedeira

Quéroche que eu ben che quero
Pero non de corazón
Só por pasar o tempo
Que para outra cousa non

Ai lalá, lalá, lalala

Polo mar abaixo vai
Polo mar de Redondela
Polo mar abaixo vai
Quen no corazón me leva

Pasei pola túa porta
Pedinche auga e non ma deches
En pasando pola miña
Farei coma ti fixeches

Ai lalá, lalá, lalala

Aloméame, alomea
Estreliña da fortuna
Aloméame, alomea
Mentres que non ven a lúa

O vento que ven do monte
Para min ven de encomenda
Busca moza que te queira
Que eu teño quen me pretenda

Ai lalá, lalá, lalala

Polo mar abaixo vai
Polo mar de Redondela
Polo mar abaixo vai
Quen no corazón me leva


| TÍTULO: A Moura
| ARTISTA: Sheila Patricia
| DIRECCIÓN: Aitor Ramos Soto
| PRODUCIÓN: Xeitosa Producións
| PRODUCIÓN MUSICAL: Agustín Sánchez e Sheila Patricia
| COLABORACIÓN NA PROD. MUSICAL: Reynier Aldana
| MÚSICA: Sheila Patricia
| ENXEÑERÍA DE SON: Roberto Ledesma (AATIA)
| DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: Aitor Ramos Soto
| OPERADORA DE CÁMARA 1: Laura Pose
| OPERADORA DE CÁMARA 2: Olalla - Ferga's Project
| OPERADORA DE STEADYCAM: Olalla - Ferga's Project
| ACTOR: Daniel Guantes
| MAKING

Máis vídeos de Sheila Patricia

Eido

SHEILA PATRICIA, GABI REBOREDO

Maneo de Caión

SHEILA PATRICIA

Camiño branco

SHEILA PATRICIA

Novembro

SHEILA PATRICIA