Zouma Records

Rúa do Paseo, 30, Of. 7. 32003 Ourense Contacto: Carlos Barandela Vila (+34) 988 240 248 (+34) 629 413 333 http://www.zoumarecords.com info@zoumarecords.com
Zouma Producciones é unha empresa galega pertencente ao sector das industrias culturais, que desde 1997 vén desenvolvendo un intenso traballo de produción discográfica e artística, especializándose en músicas do mundo e tradicionais, cun compromiso claro coa cultura de Galicia.Zouma nace con vontade de ofrecer aos seus artistas un servizo integral para o desenvolvemento da súa actividade. Somos pioneiros na concepción dunha produción artística global, que inclúa os servizos de edición e produción discográfica, así como os de representación e promoción artística.Ofrecemos aos nosos clientes as máximas garantías nas nosas producións. Asesoramento artístico, proxectos personalizados, seriedade, compromiso e un seguimento continuo de cada traballo.Xingra Music é a editorial da empresa, a través da cal ofrecemos unha xestión máis eficaz das obras aos compositores cos que traballamos.