• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Músicos ao Vivo

Músicos ao Vivo

Alcabre Viña Grande, 5 - 36212 - Vigo (Pontevedra)


Contacto:
Manuel Alonso
(+34) 622 894 525


info@musicosaovivo.com

Músicos ao Vivo nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música ao vivo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.

Músicos ao Vivo nace a finais do ano 2008. Neste primeiro lustro de vida, a asociación converteuse nun referente indiscutible para os músicos galegos, como interlocutor lexítimo fronte á administración autonómica, estatal e internacional; e como máximo responsable da comunicación e visibilidade dos músicos galegos, sen facer distinción entre tipos de música, disciplinas ou estilos.

Nestes 5 anos, Músicos ao Vivo conseguiu:

–Establecerse como asociación profesional, aglutinando a máis de 350 socios.
–Crear e manter o Sistema de Facturación e altas na Seguridade Social dentro do Plan de Regularización Laboral para os músicos galegos, con case 150 dos seus socios facendo uso del.
–Publicar mensualmente o seu Boletín de información, actualidade e opinión, con máis de 3.000 suscriptores activos.
–Ofertar de xeito regular e estable o Programa de formación e divulgación a través de charlas informativas sobre Asociacionismo, Realidade Laboral do Músico, Dereitos de Propiedade Intelectual e Dereitos de Autor, e Modelos de Autoxestión para Músicos.
–Constituír xunto con Musicat (Cataluña), MusXXI e Umtrade (Madrid) e Promusic (Canarias) a Federación Española de Músicos Asociados (FEMA).
–Impulsar os I Premios Galegos da Música "Martín Códax", como medio para visibilizar a gran cantidade de bos proxectos musicais feitos en Galicia.