• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Warpig Agency

Con base en Galicia, Warpig Agency conta con máis de 10 anos de experiencia. Bos resultados e inmellorables críticas avalan ó noso equipo na hora de organizar concertos, festivais ou tours a nivel nacional ou internacional.

Dende os eventos máis underground ós eventos máis multitudinarios, sempre fieis a un estilo cun traballo a través do cal é recoñecido en todo o mundo.


CONTRATACIÓN E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS

Independentemente do evento, WarPig adecúase a todas as necesidades.

Pode dedicarse á contratación de calquera artista nacional ou internacional ata á total organización dun festival (infraestructura, son, luces, backline, escenario, catering, etc..) ou tour (transporte, hoteis, salas, etc...).

WarPig traballa a un nivel óptimo en calquera tipo de producción, xa sexa local, estatal ou mundial.


MANAGEMENT

O asesoramento que da WarPig a todo tipo de artistas para que poidan levar unha dirección adecuada é vital para poder obter as metas oportunas.


PROMOCIÓN

Unha excelente promoción é unha das identidadades da axencia.

A realización de todo tipo de promocións: dende merchandise (camisetas, gorras, etc...) ata deseño e producción de cartelería darán como resultado o éxito desexado.


FESTIVAIS

WarPig colaborou en diferentes festivais realizando a contratación de artistas de sona internacional.


ARTISTAS

WarPig Agency traballou, entre outros, cos seguintes artistas en diferentes facetas:

Traballando directamente como tour managers, merchandisers, organizando un tour completo ou realizando varias producións exitosamente (Os artistas poden dar boas referencias sobre nós): Paul Dianno (GB), Moonspell (PT), Finntroll (FI), Entombed (SE), Extreme Noise Terror (GB), Antimatter (GB), Agathodaimon (DE), Ancient (NO), Duncan Patterson (GB), Profane Omen (FI), Rotting Christ (GR), Sacred Sin (PT), Lizzy Borden (US), Troll (NO), Avulsed (ES), Dark Embrace (ES), Hatesphere (DK), Korpiklaani (FI), Eluveitie (CH), Blaze Bayley (GB), Inquisition (US), Krisiun (BR), Skyclad (GB), Turisas (FI), Watain (SE), Setherial (SE), Impiety (SG), Beseech (SE), Fueled By Fire (US), Grave (SE), Obituary (US), To/Die/For (FI) e moitas máis…

Tamén no pasado colaboramos con outras axencias para a contratación en España e Portugal ou facendo algunhas producións locais con bandas tales como: Sepultura (BR), Testament (US), WASP (US), Amon Amarth (SE), Behemoth (PL), Cancer (GB), Corvus Corax (DE), Decapitated (PL), Destruction (DE), Hate (PL), Kampfar (NO) e moitas máis bandas…


O QUE O NOSO EQUIPO OFRECE

Contrata ó equipo de Warpig Agency se precisas de profesionais como Tour Manager ou Merchandiser para tours ou eventos. Tamén ofrecemos contratación e produción para concertos e tours en Galicia, España e Portugal.