Produtriz

Cangas do Morrazo, Pontevedra Contacto: Bea Camiña (+34) 617 251 321 http://produtriz.com/ info@produtriz.com
Gradueime en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e na actualidade dedícome basicamente á comunicación e prensa.Cunha clara vocación polo mundo que hai “detrás da música”, colaborei en diversos proxectos tanto como freelance como en axencia creativa, integrándome nos seus equipos de marketing e comunicación levando a cabo plans de medios e comunicación, community management, estratexias online, prensa e RRPP 2.0, convocatorias e produción de eventos...Son socia fundadora de Moucho Records, un pequeno selo 360º, no que ademais da propia xestión da discográfica xunto aos meus compañeiros, a miña responsabilidade principal nel é a de management e promoción, dende a procura de concertos ata o peche de entrevistas cos medios.