PlayPlan Cultural

Rúa de Ramón Bares, 42 baixo. 36930 Bueu. Pontevedra Contacto: Jordi Lauren +34 986 903 509 +34 605 022 449 https://www.playplan.es cultura@playplan.es
PlayPlan é unha axencia dinámica e apaixonada que deseña experiencias únicas para conectar público, marcas e proxectos en contornas físicas ou dixitais, xa sexan festivais, concertos, feiras, eventos gastronómicos ou MICE. PlayPlan céntrase principalmente na produción, distribución e comercialización de produtos culturais. Ademais, destaca como axencia de management, xestionando as carreiras de artistas destacados: Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras ou Esther Estévez; como axencia de booking, organizando xiras e contratando talentos recoñecidos; e como promotora de festivais de música, entre os que sobresae o Festival SonRías Baixas, o Festival do Pasatempo e o ambicioso BIGSOUND Pontevedra. Especializada nestas áreas, PlayPlan transforma ideas en realidades que marcan a diferenza.Dirixida por Jordi Lauren, galardoado co Premio á Excelencia nos Iberian Festivals Awards 2021, a empresa combina experiencia, innovación e paixón para liderar a industria cultural en Galicia e expandirse en España e Portugal.PlayPlan forma parte activa de importantes asociacións sectoriais como A.R.T.E. (Asociación de Representantes Técnicos del Espectáculo), nos que se integran case a totalidade dos artistas españois e estranxeiros que traballan no Estado; APM (Asociación de Promotores Musicales), cuxos asociados representan o 80% dos promotores privados do país e son os responsables das xiras nacionais e internacionais e festivais que se celebran; a Academia de la Música de España, unha asociación sen ánimo de lucro creada por un núcleo de artistas, autores, produtores, editores, xestores, promotores e outros, co fin primordial de reunir, ao redor dela, a todos os profesionais da música, e estimular e proclamar a excelencia, a solidariedade, o talento, o traballo e o esforzo, como valores propios e intrínsecos da comunidade musical, AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais); AGPX (Asociación Galega de Xestores Culturais), Fest Galicia, marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social; ou Festivais de Galicia, única asociación de empresas produtoras de festivais profesionais que se realizan no territorio galego. Clúster de Turismo de Galicia, agrupación de empresas que desenvolven algunha actividade vinculada ao sector turístico. FECIMO, a Federación de Comerciantes e Industrias do Morrazo; ou APORFEST (Associação Portuguesa dos Festivais de Música), a organización máis representativa no campo dos festivais de música en Portugal. Estas asociacións permiten a PlayPlan estar en constante contacto co sector en Galicia, España e Portugal.PlayPlan forma parte tamén da iniciativa “Empresas por una sociedad libre de violencia de género” en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero. O obxectivo deste convenio é fomentar, no marco do Pacto do Estado contra a Violencia de xénero, a concienciación social para a erradicación da violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións.PlayPlan ofrece un conxunto integral de servizos deseñados para cubrir todas as necesidades do sector cultural e de eventos, destacando pola súa creatividade, innovación e enfoque personalizado: Produción integral de eventos, consultaría cultural, creatividade e comunicación, management e contratación de artistas, produción audiovisual, alugueiro de materiais e infraestruturas e tecnoloxía para eventos.