Art Music Agency

Rúa Cima do Lugar, 24 Baixo 15810 Arzúa (A Coruña)
Contacto:
Alberto Alfonso
981 500 278
690 109 731
http://artmusicagency.es/
alberto.alfonso@artmusicagency.es
Art Music Agency é unha empresa que ofrece todo tipo de servizos na industria cultural.
Desde hai unha década, desenvolvemos e xestionamos proxectos culturais, especializados no sector musical, cunha mirada nova e innovadora pero con gran experiencia. Os nosos servizos conforman unha xestión completa, desde a planificación estratéxica ata a actuación nacional ou internacional, situando ao proxecto no centro artístico e financeiro.
Poñemos a nosa creatividade ao servizo do artista como axencia de management ou booking; creamos a contorna perfecta para a realización de campañas e eventos de branding onde a marca sexa a protagonista; producimos festivais e concertos con inspiración, paixón e saber facer para que o talento brille en todo o seu esplendor. Xeramos experiencias únicas.
Somos un equipo de profesionais que ama a música e que traballa de forma transversal para garantir o éxito.