• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Zarpa Music

Zarpa Music

C/ Cabo Ponte Anido 6 b. 15.002 A Coruña


Contacto:
Marcos Seoane
689 540 876


marcos@zarpamusic.com

Zarpa Music, con sede na Coruña, é unha pequena axencia de representación artística de grupos residentes en Galicia como MITIC El Espectáculo, Arcos Iris, Trío Castelao, Cuarteto Novecento e Grupo Fua, entre outros.

-Especializados en música clásica, sen desdeñar calquera outro estilo xa sexa folk, pop, rock ou jazz cos que traballamos a miúdo.
-Ampla experiencia organizando gravacións de BSO para películas ou series de TV con orquestra sinfónica, e tamén concertos acompañando a solistas nacionais e internacionais. Coas nosas pequenas agrupacións camerísticas en cuarteto, trío, dúo ou solistas de piano, violín etc. abarcamos desde o barroco, en agrupacións con instrumentos orixinais, ata concertos de música contemporánea con auténticos especialistas.
-Concertos didácticos para nenos,de produción propia, ou espectáculos para presentacións ou eventos multitudinarios.
-Apoiamos a músicos novos na comunicación e xestión dos seus perfís artísticos xa sexa para grupos ou solistas, desde a creación de imaxe, logo, web, RRSS, promocións en vídeo etc.