Audia Records

Pol. de Toedo, Parcela C-5. 36680 A Estrada (Pontevedra) Contacto: (+34) 986 590 055 http://www.audiarecords.es corrreo@audiarecords.es
Audia Records é un selo discográfico de Jazz creado en 2005. Este selo dedícase exclusivamente á produción de Jazz nas súas máis diversas manifestacións, promovendo a obra de artistas galegos ou que realizan o seu traballo en Galicia. A filosofía da marca é canalizar os seus esforzos en dúas direccións; por unha parte, apostou decididamente por achegar ao gran público un estilo reservado xeralmente ás minorías, producindo a músicos que fusionan o Jazz con estilos musicais maioritarios; e por outra, difundindo a obra de intérpretes de Jazz xa consagrados tanto a nivel galego como nacional.Audia Records creou xunto con El Corte Inglés, a semana do Jazz Galego.Audia Records encárgase de distribuír a obra dos seus autores tanto en formato estándar como en dixital. Pertence a IFPI, AGEDI e traballa conxuntamente con SGAE como editorial de discos.Abertos a todo tipo de propostas musicais relacionadas co Jazz, os profesionais de Audia Records poñen a disposición dos músicos, o seu estudio de gravación (considerado como un dos mellores equipados de Galicia) para proporcionarlles as mellores condicións de produción.En Audia Records colaboramos con outros estudios de gravación e distribuidores cuxas apostas culturais teñen os nosos mesmos obxectivos.