• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

Fol Música

Fol Música

Av. Xosé Mª Castroviejo, 5. 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)


Contacto:
Nando Luaces, Inma Grass
(+34) 609 215 412
(+34) 618 913 436

folmusica@boa.es

FOL MÚSICA é un selo especializado en música galega que forma parte de BOA.

Alá polo ano 1992 decidimos crear un selo discográfico e comezamos a distribuír música alternativa e interesante de todo o mundo. Eramos uns mozos case sen experiencia no ámbito da música e da empresa, pero con moitas ganas e ilusións. Así naceu BOA, un nome galego que definía a nosa paixón pola música.

Aínda que xa editabamos discos galegos con anterioridade, en 1995 creamos DO FOL EDICIÓNS, un selo irmán de BOA dedicado á música galega de raíz, no máis amplo sentido da palabra.

Lanzamos os primeiros discos de Chouteira, Os Cempés e Berrogüetto, tres artistas novos por entón que ían revolucionar a música galega. Con eles chegaron anos de esplendor creativo para a nosa música. Xa choveu dabondo desde aquela. En todos estes anos fomos creando un interesante catálogo, con discos marabillosos e preciosa música. Pasado algún tempo renomeamos o noso apelativo orixinal e creamos un novo logotipo. Así naceu FOL MÚSICA, un selo 100% dedicado á música galega.

As nosas actividades céntranse en editar, producir e distribuír música. Tamén organizamos eventos e concertos, temos longa experiencia e coñecemento nestas áreas. Somos profesionais da música, pero tamén temos valores de transparencia, responsabilidade, ética, cordialidade: valores que queremos afianzar no tempo.

Queremos mostrar a nosa singularidade cultural e social únicas. A lingua galega é un dos baluartes do noso proxecto, un ben apreciado neste mundo globalizado. Gustamos de editar propostas artísticas interesantes e que teñen algo que dicir: novos artistas aos que queremos apoiar, e artistas consagrados que precisan unha plataforma de comercialización e promoción axeitada.

A nosa misión é conseguir a máxima difusión destes traballos. Temos distribución en moitos países do mundo, estamos presentes en todas as plataformas existentes en Internet.

Seguiremos editando traballos marabillosos e únicos. A creatividade non ten límites e o futuro está cheo de sorpresas emocionantes.

ARTISTAS:
Uxía
Budiño
Mercedes Peón
—Rodrigo Romaní
Sondeseu
Sés
Radio Cos
Magín Blanco
Sérgio Tannus
Leilía
Talabarte
Doa
Banda Crebinsky
A Banda das Crechas
Fuxan os Ventos
Os Cempés
—Ialma Malvela
—Pancho Álvarez
Cristina Pato e Rosa Cedrón "Soas"