• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     

aCentral Folque

aCentral Folque

Salvadas 22, baixo. 15705 Santiago de Compostela


Contacto:
Mauro Sanín Leira
(+34) 881 031 829


info@folque.com

aCentral Folque é un proxecto fundamentado no estudo, investigación, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo. Exerce a súa actividade nas áreas de docencia regular en escolas de Santiago e Pontevedra e de produción profesional de eventos escénicos e pedagóxicos. aCentral Folque vén avalada pola experiencia de sete anos de funcionamento do CMTF de Lalín nos que se consolidou como centro de referencia nacional e internacional, atraendo a alumnado de toda a xeografía galega e estudantes chegados de Estados Unidos, Estonia, Portugal, Romanía… a pesar da carencia dunha titulación oficial para este tipo de ensinanza en Galicia.

O resultado non é só un centro de estudo, mais tamén un espazo de encontro para a relación social e profesional de calquera persoa interesada na música galega.