RADIO COS, XABIER DÍAZ E NARF: REPRESENTACIÓN GALEGA EN WOMEX 16 SANTIAGO DE COMPOSTELA
A 22 edición do WOMEX, a maior feira do mundo de world music, terá lugar este ano en Santiago de Compostela dende o 19 ao 23 de outubro. Entre a selección oficial de 33 grupos atópase a banda Radio Cos, aínda que os artistas Xabier Díaz e Narf foron tamén seleccionados para o escenario Atlantic Connections, que acolle as mellores propostas da Península Ibérica e América Latina.
Radio Cos, con Xurxo Fernandes e Quique Peón como cantantes e percursionistas, son xa un referente da música tradicional galega con máis de 10 anos percorrendo Europa coas súas melodías. O seu primero traballo, Radio Cos, mestura sons arcaicos con elementos tradicionais e melodías alleas relacionadas co país. A banda, tamén composta por Pedro Lamas na gaita, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón, encóntrase gravando o seu segundo disco. É a terceira vez que artistas galegos forman parte da selección oficial do WOMEX, tras Mercedes Peón (2010) e Davide Salvado (2014).
O coruñés Xabier Díaz presentaré en WOMEX 16 o seu novo traballo, The Tambourine Man, onde reinterpreta a tradición galega xunto con Adufeiras de Salitre, un grupo de percursionistas e cantareiras de música tradicional; Gutier Álvarez (zanfona e violín) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
Fran Pérez, Narf, tamén trae compañía ao WOMEX e alíase con Timbila Muzimba, un grupo de músicos e bailaríns de Maputo co que puxo en marcha Da Zigala a Zemambiquo, un diálogo intercultural entre dous países imaxinarios, que casualmente parécense a Galicia e a Mozambique, a través da música actual e a música ancestral do país africano.
Esta é a segunda vez que WOMEX escolle Santiago, a cidade máis pequena nos seus 22 anos de historia, para celebrar o seu festival. Logo do éxito da edición de 2014 onde acadou un récord de postos e asistencia, este ano agárdase un aumento no impacto económico dun dos eventos culturais máis importantes que terán lugar este ano en Galicia, ademáis dunha nova oportunidade para a música galega e a proxección internacional da nosa cultura.