DESFRUTA O WOMEX DENDE DENTRO
Se falas inglés fluído, sentes paixón pola música e estás libre do 19 ao 23 de outubro, temos un planazo para que enchas ese oco na axenda! O WOMEX, a maior feira de world music do mundo, celébrase este ano en Santiago de Compostela e precisa mozos e mozas voluntarios, sen importar a idade, para labores de apoio á organización como preparar, estruturar e achegar información aos asistentes, guiar a músicos e participantes ou complementar os labores de atención ao público.
Como recompensa, poderedes asistir a máis de 50 concertos e outras actividades do festival, e coñecer artistas, xornalistas e profesionais da música de máis de 100 países, ademais de adentrarvos nun evento internacional destas características.
Para ser voluntario WOMEX, tedes ata o 5 de outubro para inscribirvos no SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria) da USC na Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (Rúa de Casas Reais 8, Santiago de Compostela). Aínda que non é preciso que sexades alumnos da USC para participar, aquilos que si o sexades, noraboa, porque poderedes conseguir recoñecemento académico pola vosa colaboración: en www.usc.es/sepiu explícanvolo polo miúdo!
Dúbidas? info.womex16@nordesia.com ten as respostas!