• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

FOCUS GALICIANTUNES 2016, ANTESALA DO WOMEX 16 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Focus GalicianTunes 2016, antesala do WOMEX 16 Santiago de Compostela
29 SETEMBRO 2016

Do 16 ao 19 de outubro, e como avance a WOMEX 16 Santiago de Compostela, celebrarase a segunda edición do Focus GalicianTunes; un programa organizado pola Agadic e no que participarán 26 programadores de festivais internacionas de renome (pensade: Lollapalooza, Glastonbury, Lorient, SunFest, etc.) que chegarán dende Polonia, Alemaña, Estados Unidos, Francia, India, Arxentina, Reino Unido, Canadá, Italia, China, Corea, España, Malaisia, Noruega, Portugal, Irlanda, Dinamarca, Marrocos e Chile.

Estes profesionais, seleccionados entre os principais delegados que participarán no WOMEX, terán a oportunidade de coñecer a nosa música, gastronomía e cultura de primeira man grazas as reunións, actividades socioculturais e, como non, actuacións de artistas galegos repartidas entre Santiago, A Coruña e as Rías Baixas.

Os 10 solistas e grupos que participarán no programa son os nosos Leilía, Os d’Abaixo, Susana Seivane, Faltriqueira, Pepe Vaamonde Grupo, Alberto Conde Human Evolution Project, Rosa Cedrón, Alejandro Vargas Trío, Trim e Sumrrá.

 

 

E para que non vos perdades detalle...

 

Domingo 16. Santiago de Compostela

20.30 h: Recepción oficial no NH Collection

22.30 h: Focus GalicianTunes Fest con Leilía, Os d’Abaixo e Susana Seivane na Sala Capitol

 

Luns 17. Rías Baixas

11.00 h: Visita á Illa de Arousa e Cambados

14.00 h: Showcase Faltriqueira nos viñedos D.O. Rías Baixas

16.00 h: Showcase Pepe Vaamonde Grupo nas bodegas Martín Códax

18.30 h: Showcase Alberto Conde Human Evolution Project nas bodegas Martín Códax

 

Martes 18. A Coruña

10.00 h: Visita á Torre de Hércules

11.00 h: Showcase Rosa Cedrón na Sala Nautilus no Aquarium Finisterrae

12.30 h: Visita á Deputación de A Coruña

13.30 h: Showcase Trim na Taberna de Cunqueiro

17.30 h: Sesión vermú con Alejandro Vargas Trío en Jazz Filloa

20.30 h: Showcase Sumrrá en Garufa Club

 

Miércoles 19. Cidade da Cultura

11.00 h: Visita ao Concello de Santiago

12.30 h: Café networking con invitados, artistas e managers na Cantina Gaiás

 

E poderedes seguir desfrutando da música galega de raíz coas actuacións de Radios Cos, Xabier Díaz, Narf, Cuarteto Caramuxo e Talabarte no WOMEX a partir do mesmo día 19!

  noticias