NOVOS LANZAMENTOS. SETEMBRO 2016
No seu último traballo, “Salvete Flores” (2016), o conxunto vocal santiagués Vox Stellae superou unha vez máis as expectativas xeradas polos estándares de calidade aos que xa viña acostumando a xurados das diversas autonomías do Estado, cunha traxectoria de investigación historicista e execución técnica incuestionables. Con todo, como especialistas no Renacemento e Barroco distínguense da competencia na súa labor curatorial á hora de escoller o repertorio xa que, no caso deste coro de cámara, os ciclos temáticos son excepcionalmente variados: dende obras de polifonía relixosa (de autor) a cantigas populares (anónimas), aínda que neste terceiro traballo destacan as obras do mestre de capela da Catedral de Tui a finais do s. XVII, Matías García Benayas.
Caballito Negro. David Quinzán
Este quinto disco, “Caballito Negro” (2016), supón a culminación dun proceso no que David Quinzán acadou a madurez artística dun estilo propio no que se sente cómodo. Cal é a fórmula? Harmonías eufónicas + protagonismo melódico + walking bass + efectos orquestrados/preciosistas + síntesis-acústica + poesía existencialista + caracterización vocal. Un “caballito negro” que se move en plena liberdade creativa.
No seu último disco, que o “señor da terra” da mitoloxía sumeria, Enki, decidiu titular Red Oak (2016), a banda sorprendeunos cunha radicalización, ou volta ás raíces, que se ramificou en diez temas nutridos de groove, trash metal e incluso nu. Un álbum que deixa entrever a súa cosmovisión e inquietude en letras activas que potencian o dinamismo do fenómeno sonoro que as acompaña. Sen dúbida, teñen o potencial para seren actores importantes na escena metal galega por moitos anos.
Conseguiuno. Despois de dous meses de crowfunding e tan só un de gravación e edición, chega Calibrando (Rock CD, 2016), o primeiro traballo discográfico de Cia Campillo logo dun periodo de busca interior. Gravado en Bonhem Studios (A Coruña), a cantautora, que comezou a cantar ás escondidas no seu cuarto, recompila neste álbum dez temas íntimos de amor, desamor e amizades falidas ao son de melodías pop indie e algo de rock. E non o fai soa, a dozura da súa voz mestúrase coa forza da súa banda, The Small Field Band.