• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 VÍDEOS QUE PIXAR COMPARTIRÍA

11 vídeos que Pixar compartiría
11 NOVEMBRO 2016

Pixar e Matt Groening amaríaos. Ou Friz Freleng, Leon Schlesinger e mesmo Walt Disney se queremos mirar máis atrás.

Son once videclips que empregan diferentes técnicas de animación para destilar en imaxes a música dos nosos artistas e grupos. Hainos que van camiño de ser clásicos do xénero (se non o son xa) como A los indecisos ou Calamar; con técnicas innovadoras como a empregada por Miguelanxo Prado en De profundis, filme de cuxas imaxes se nutre Soños de auga. Hai enerxía tronante e delicada sensibilidade, viaxes psicodélicas cheas de cor, vacas que viaxan en bici, unha Carapuchiña Vermella post-apocalíptica... E, por haber, ata temos o universo delirante da versión extendida de Confuxon con escenas de Minecraft incluídas.

Todos crecimos cos debuxos animados, cativados pola súa poderosa maxia para crear mundos posibles, improbables ou imposibles. Probablemente sexa por iso que aínda a animación nos fascine.

 

1. A los indecisos. Disco Las Plameras!


 

2. Freedom Is. Bala 


 

3. Nada máis. Ruxe Ruxe


 

4. Calamar. The Homens 


 

5. La fuerza del sonido. Aries 


 

6. Dos semanas. Misterioso Viaje Holanda 


 

7. Sigue buscando. Marmota Phil


 

8. Chea de vida. Guadi Galego 

 

9. Soños de augaNani García


 

10. A vaca. Magín Blanco & Uxía


 

11. Confuxon (versión extendida). Anxo Lorenzo


ETIQUETAS

  noticias