OUTONALIDADES: MÚSICA TRANSFRONTEIRIZA COA AGADIC E A ASOCIACIÓN CULTURAL DORFEU
A AGADIC e a asociación cultural lusa d’Orfeu veñen de firmar un acordo de colaboración para a participación de grupos e artistas galegos na 21ª edición de OuTonalidades, o circuíto de música en vivo cuxa programación se desenvolverá entre setembro a decembro de 2017 en Portugal e diversos puntos da península Ibérica e Francia.
O ciclo OuTonalidades naceu en 1997 co obxectivo de promover a música en directo e a programación estable de diversos espazos con vocación cultural. Vinte anos de celebración ininterrumpida despois, caracterízase pola heteroxeneidade e a autenticidade dos artistas e dos proxectos artísticos programados nunha rede cada vez máis ampla de cafés, bares, teatros ou pequenos auditorios.
O prazo de inscrición para esta nova edición está aberto ata o 31 de xaneiro, así que dende Galician Tunes facemos un chamamento a todo aquel grupo ou solista galego, de calquera xénero musical, con mono de xira. Para formalizar a vosa inscrición, antes deberedes rexistrarvos na páxina web de d’Orfeu para crear e activar unha conta de usuario tal como se descrebe nestas instrucións.
Con todos os inscritos, d’Orfeu fará unha bolsa de espectáculos preseleccionados dispoñibles segundo o seus cachés de contratación para que, posteriormente, os espazos asociados a OuTonalidades elixan os artistas que integrarán o calendario de concertos.