OS XV PREMIOS MESTRE MATEO E A MÚSICA
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) vén de anunciar a listaxe oficial dos finalistas da decimoquinta edición dos Premios Mestre Mateo, recoñecemento ás mellores produccións audivisuais galegas, e na que destacan María y los demás, con 13 nomeamentos, e Dalia, a modista, con 12 . Pero como o noso é a música, revisamos as dúas categorías que nos tocan máis de preto as de Mellor Videoclip e Mellor Música Orixinal.
Logo dunha segunda rolda de votacións, a AGA dará a coñecer os gañadores na gala Premios Mestre Mateo que se celebrará o 4 de marzo no Palacio de Exposiciones e Congresos de A Coruña.
NOMEADOS NA CATEGORÍA DE MELLOR VIDEOCLIP
A cidade · Uxía e Magín Blanco
Os nenos todo o ven con bos ollos, e así de bonita quedou a cidade de Ourense con eles como protagonistas. O entrañable videoclip “A cidade” acompaña á canción homónima, poema de Manuel María cantado por Uxía e Magín Blanco e incluído no libro-cd Canta o cuco (Editorial Galaxia, 2015), unha obra adicada ao poeta galego que mestura música e literatura para os máis pequenos. Esta peza en concreto foi parte da programación das Letras Galegas 2016 e, meses despois, estreouse o traballo audiovisual baixo a dirección de Otto Roca e Marcos Nine, a produción de Colectivo Re-Creo y a posprodución de Fran X. Rodríguez. E globos de cores, moitos globos que van poñendo cor a cada recuncho dunha cidade en branco e negro.
Cedeira · Guadi Galego
Guadi Galego só pediu que o videoclip que acompañase ao primeiro single do seu último traballo amosase «a comunidade, o noso eu de dentro a fora» e, xunto con Xacio Baño, conseguiuno. Con Carlos Abal detrás da cámara, Bacio dirixiu o vídeo de “Cedeira”, pertencente a O mundo está parado (Fol Música, 2016), onde se observan situacións cotiás desde unha orixina perspectiva: un catalexo; 4’54” redondos que rematan, como non podía ser doutro xeito, na praia de Cedeira.
Drop · Skygaze
Jaime Tellado é o master mind detrás de Skygaze, proxecto de música electrónica, e “Drop” é o single do seu último LP, Weightless Landscapes (Love Our Records, 2016), traballo fino de glitch hop. Producido por Cora Diz y María Ruiz-Falcó e realizado polos galegos Síntesis Creative Studio, esta peza audivisual é toda «unha viaxe visual capaz de aportar unha nova dimensión a un tema xa de por si moi rico en matices», segundo o seu director Diego Torres, que tiña claro que todo o que ocorrese no vídeo, ocorrese en verdade. Con José Aragunde como axudante de dirección, Miguel Vidal como director de fotografía e Juan Pérez detrás da cámara, o videoclip foi rodado nun bosque de Ponte Caldelas (Pontevedra) utilizando tecnoloxías de última xeración, como os fíos luminiscentes audio reactivos, diante do obxectivo e capaces de transportarnos a outra dimensión sensorial.
Restos de un naufragio · Igloo
O clip que acompaña a canción “Restos de un naufragio”, un medio tempo intenso incluído no seu último álbum Igløø2 (Ernie Producciones, 2015), rinde homenaxe a vilas costeiras onde as mareas contan historias do que foi, é e será, e a todos aqueles que aman o seu traballo, en especial aos que fixeron posible este vídeo, chisco friki a True Detective co mar de fondo e unha bailarina intentando escapar. Da dirección, montaxe e posproducción encargouse Fran X. Rodríguez, da cinematografía Antón Bugallo xunto con Alberte Vázquez e esa bailarina atrapada é Miriam Pino.
NOMEADOS NA CATEGORÍA DE MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Sergio Pena · Esquece Monelos
Esquece Monelos (2016), producido por Danga Danga y dirixido por Ángeles Huerta, é o longo de non ficción con maior número de nomeamentos (4), Mellor Documental e Mellor Música Orixina entre elas. O compositor galego Sergio Pena, dominador dun amplo rango de xéneros pero cun estilo persoal e inconfundible, foi o autor da banda sonora deste documental que ten como protagonista o río Monelos (A Coruña); un río que moitos non lembran, que ás veces se desborda, reclamando a que fora a súa conca. Esquece Monelos é algo máis que un longo sobre un río, é un longo «sobre as nosas propias correntes subterráneas que, a miúdo, por callalas ou agochalas parece que non existen».
Manuel Riveiro · Augasquentes
Emitida pola TVG, a serie de ficción Augasquentes opta a dous premios, un deles a Mellor Música Orixinal. Manuel Riveiro (Milladoiro) compuxo a música para 15 capítulos da serie que destaca pola súa retranca, picardía, perspicacia, enxeño e inxenuidade mentres conta as peripecias dunha xuíza que, logo de vivir 20 anos na cidade, regresa á súa vila natal. As feridas da alma é tema da cabeceira da serie, escrito por Riveiro e intepretado pola mítica Orquesta Panorama.
Manu Conde · Dalia, a modista
Con 12 nomeamentos, incluídas Mellor Serie TV, Dirección de Fotografía e Mellor Música Orixina, é a segunda produción máis nomeada. A miniserie da TVG de intriga e misterio ambientada nos anos 50 , dirixida por Giselle Llanio e protagonizada por María Mera, conta co compositor valgués e integrande de Milladoiro Manu Conde como autor da música orixinal, quen traballa sobre unha base, unha música que vai adaptando a cada capítulo. Este nomeamento súmase aos xa conseguidos polas bandas sonoras de Outro máis (2011) e Serramoura.
Nico Casal · María y los demás
Dirixida por Nely Reguera, María y los demás (2016) é a longametraxe que obtivo maior número de nomeamentos (13), entre os que se atopan Mellor Longametraxe, Dirección e Guión, Interpretación Feminina Protagonista e Mellor Música Orixinal. O pianista e compositor coruñés Nico Casal, autor da banda sonora de Stutterer (Oscar a Mellor Curtametraxe 2016), compuxo a música para esta comedia dramática na que o destino e o amor xogan un papel principal. O largo tamén estivo nomeado nos Premios Goya 2016 a Mellor Director Novel e Mellor Actriz, e foi co que Bárbara Lennie ganou o Premio Feroz 2016 á Mellor Actriz.