• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

NICO CASAL E "RESTOS DE UN NAUFRAGIO" TRIUNFAN NOS MESTRE MATEO 2017

Nico Casal e "Restos de un naufragio" triunfan nos Mestre Mateo 2017
5 MARZO 2017

Onte se celebraba no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2017, a gran festa do audiovisual galego. María y los demás facíase co premio á Mellor Longametraxe, Serramoura gañaba o de Mellor Serie de Televisión e Land Rover Tunai Show o de Mellor Programa de Televisión, mentres que as mellores interpretacións feminina e masculina recaían en Bárbara Lennie por María y los demás e Luis Tosar por Cen anos de perdón. Ao final tedes a listaxe completa, pero como a música é o noso, velaquí os gañadores nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Videoclip. E son dos nosos:

 

MELLOR BANDA SONORA: Nico Casal · María y los demás

Dirixida por Nely Reguera, María y los demás (2016) partía con 13 nomeamentos e finalmente acadou os Mellor Longametraxe, Interpretación Feminina Protagonista, Guión, Son e Mellor Música Orixinal. O pianista e compositor coruñés Nico Casal, autor da banda sonora de Stutterer (Oscar a Mellor Curtametraxe 2016), compuxo a música para esta comedia dramática na que o destino e o amor xogan un papel principal. O largo tamén estivo nomeado nos Premios Goya 2016 a Mellor Director Novel e Mellor Actriz, e foi co que Bárbara Lennie ganou o Premio Feroz 2016 á Mellor Actriz.

 

 

 

MELLOR VIDEOCLIP: Restos de un naufragio · Igloo

O clip que acompaña a canción “Restos de un naufragio”, un medio tempo intenso incluído no seu último álbum Igløø2 (Ernie Producciones, 2015), rinde homenaxe a vilas costeiras onde as mareas contan historias do que foi, é e será, e a todos aqueles que aman o seu traballo, en especial aos que fixeron posible este vídeo, chisco friki ás dobres exposicións da cabeceira de True Detective co mar de fondo e unha bailarina intentando escapar. Da dirección, montaxe e posproducción encargouse Fran X. Rodríguez, da cinematografía Antón Bugallo xunto con Alberte Vázquez e esa bailarina atrapada é Miriam Pino.

 

 

LISTAXE COMPLETA DOS PREMIADOS:

—Mellor Longametraxe: María y los demás (Frida Films, Avalon, TVG, Movistar Plus, TVE)

—Mellor Serie de TV: Serramoura (Voz Audiovisual e TVG)

—Mellor Programa de TV: Land Rover Tunai Show (TVG e CTV en colaboración con Destino Bergen)

—Mellor Interpretación Masculina Protagonista: Luis Tosar (Cen anos de perdón)

—Mellor Interpretación Feminina Protagonista: Bárbara Lennie (María y los demás)

—Mellor Interpretación Masculina de Reparto: Monti Castiñeiras (Serramoura)

—Mellor Interpretación Feminina de Reparto: Covadonga Berdiñas (Dalia, a modista)

—Mellor Comunicador de Televisión: Roberto Vilar (Land Rober Tunai Show)

—Mellor Serie Web: Galicia Crime (Cousas Veredes)

—Mellor Curtametraxe: Einstein-Rosen (Miss Movies)

—Mellor Curtametraxe de Animación: Decorado (Abano Producións, Uniko Estudio Creativo e Autor de Minuit)

—Mellor Documental: Esquece Monelos (Danga Danga Audiovisuales)

—Mellor Videoclip: Restos de un naufragio (Igloo)

—Mellor Anuncio Publicitario: Cando chega o inverno (300 Kilos)

—Mellor Dirección: Oliver Laxe (Mimosas)

—Mellor Guión: Nely Reguera, Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Valentina Viso e Roger Sogues (María y los demás)

—Mellor Dirección de Fotografía: Jaime Pérez (Esquece Monelos)

—Mellor Dirección de Arte: Suso Montero (Dalia, a modista)

—Mellor Dirección de Produción: Felipe Lage, Rafael Álvarez (Mimosas)

—Mellor Montaxe: Sandra Sánchez (Esquece Monelos)

—Mellor Realización: Gaspar Broullón (Deportes imposibles)

—Mellor Música Orixinal: Nico Casal (María y los demás)

—Mellor Son: Juan Gay, Diego Staub e Miguel Barbosa (María y los demás)

—Mellor Vestiario: Ana López (Dalia, a modista)

—Mellor Maquillaxe e Perruquería: María Illobre (Dalia, a modista)

—Premio de Honra “Fernando Rey”: Marta Villar

 

  noticias