• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ARRANCAN AS VOTACIÓNS DA IV EDICIÓN DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Arrancan as votacións da IV edición dos Premios Martín Códax da Música
11 MARZO 2017

Achégase xa a gran festa da música galega, na que poderemos desfrutar do son de toda a nosa comunidade de artistas. Xa comezou a primeira quenda de votacións pero o periodo de inscricións pechouse cun rotundo éxito. Na súa cuarta edición, os Premios Martín Códax tráennos 388 proxectos musicais inscritos cunha gran variedade de estilos, clasificados en 16 categorías: Pop e Indie (47 participantes), Rock (68), Blues, Funk e Soul (21), Jazz e Músicas Improvisadas (25), Hip-Hop e Músicas Urbanas (11), Música Clásica e Contemporánea (21), Folque (29), Música Tradicional Galega (11), Músicas do Mundo (35), Canción de Autor (38), Música Infantil (13), Electrónica (21), Metal (19), Reggae, Ska e Mestizaxe (11), Orquestras, Grupos e Música de Verbena (8), e Coros e Grupos Vocais (10).

A eles hai que sumar os inscritos a algunha das tres categorías dos 3 Premios Organistrum: Mellor Sala, con 17 participantes; Mellor Festival, con 24; e Mellor Espazo de Comunicación Musical, con 21. O Premio Honorífico Músicos ao Vivo desvelarase proximamente.

Agora e ata o 26 de marzo, os socios de Músicos ao Vivo votarán online e de forma privada a tres finalistas en cada unha destas categorías, finalistas que se farán públicos o 6 de abril na Festa dos Nomeados nas Bodegas Martín Códax (Cambados). Lembramos que, para participar nesta primeira fase de votacións, cómpre ser socio de Músicos ao Vivo.

Como novidade, un xurado profesional será o encargado de seleccionar o proxecto gañador de cada categoría. Nesta segunda fase de votacións, o xurado composto por profesionais do sector, dos que non se coñecerá o seu nome ata o final do proceso, (1 xornalista, 1 representante de salas, 1 representante da industria musical, 1 representante de formación musical e 3 músicos), votarán tamén online. Os gañadores daranse a coñecer o 3 de maio na gala de entrega de premios que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

OS NOSOS

Dos 388 proxectos musicais inscritos, a máis dunha centena podes atopalos en GalicianTunes:

Pop e IndieChicharrón • cintaadhesiva · Comets Enroute · Dallasgracias · Diariodeverano · Dois · Escuchando Elefantes · Habitación Vudú · Igloo · La Casa de Los Ingleses · Os Amigos dos Músicos · Pablo Seijas · The Trunks · Tincho Fernán · Triángulo de Amor Bizarro · Villanueva · Vizcaíno · Xoel López

RockAgoraphobia • ¡Qué Desilusión! • BALA • Big Crunch • Carlos Torres & Furakao · Cool Funeral • Cró! • Es un Árbol • Furious Monkey House • Grand Soul Band • Guerrera • Heredeiros da Crus • Ivy Moon • Jamie Fifthring & The Coffee Breakers • Khitara • Onion Smile • Roberto Sobrado Grupo • Sinestesia • The Pretty Shirts • Tractor Troy • Tronka Jazz Quartet

Blues, Funk e SoulBlues do País • En Casa del Herrero • Gold & Colt • MadMartin Trío • O Cadelo Lunático • Two in the Mirror

Jazz e Músicas ImprovisadasAlberto Vilas “Ubuntu” • Amoeba Split • Kin García Trío • Paulo Silva

Música Clásica e ContemporáneaAlberto Vilas “Universo Lem” • Grupo de Música Antiga 1500 • Grupo de Música Antiga Martin Codax • Zoar

FolqueCristian Silva • Cuarteto Caramuxo • Fiandola • Ghaveta • Lulavai • Milesios • Os d’Abaixo • Pepe Vaamonde Grupo • Susana Seivane • Tiruleque • Trim • Vaamonde, Lamas e Romero • Virandeira

Música Tradicional GalegaDavide Salvado • Efraím Díaz “Valorizar o pito pastoril galego” • Primordiais • Xosé Lois Romero & Aliboria

Músicas do MundoA Compañía do Ruído • ARIFI • Brigada Bravo & Díaz • Clave de Fado • Fernando Barroso • Kelibén • Mónica de Nut e Luís Martíns • Paul Álvarez Project • Quodlibet · Sheila Patricia Banda · Rosa Cedrón • Talabarte • Trilitrate • Uxía

Canción de AutorAdán Jorge • Artabe • César de Centi • Chupadeskay • David Quinzán • Evoéh • Gelria • Luis Emilio Batallán • Luis Moro • Miriam Sandoval • MJ Pérez • O Val das Mouras • Samuel Leví y Los Niños Perdidos • Xoán Curiel • Xosé Constenla

Música InfantilA Gramola Gominola • Pesdelán

ElectrónicaNada (Javier Méndez Úbeda) · Pálida • Raposo • Submarino

MetalAphonnic • Carlos Arcay • Enki · N.O.M. • Tálesien · Vörtex

Reggae, Ska e MestizaxeChotokoeu • O Sonoro Maxín · Tu Mujer Nos Engaña

Coros e Grupos VocaisV-Go! Negro Son • Vox Stellae

 

E, entre os festivais, tamén hai unha nutrida representación dos nosos: A Candeloria • Arteficial • Espazos Sonoros • PortAmérica • Revenidas • Son-PAF! • Live For Madness Metal Fest • NigranJazz • SonRías Baixas • Surfing The Lérez

  noticias