• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ESPIÑO E ALEJANDRO VARGAS TRÍO GAÑADORES DE GALICIA CREATIVA 2016

ESPIÑO E ALEJANDRO VARGAS TRÍO GAÑADORES DE GALICIA CREATIVA 2016
1 XUÑO 2017

O pasado setembro, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) xunto co Consello Territorial da Fundación SGAE presentaban a convocatoria da segunda edición de Galicia Creativa, un programa de axudas á creación musical co obxectivo de promocionar artistas galegos emerxentes. Hoxe, ademais de revelar aos gañadores, tamén se presentaron os traballos discográficos que os artistas gravaron como parte do premio.

 

 

 

 

Espiño, o novo proxecto de Alfonso Espiño (A Nice Pair, Los Fabulosos Weekend, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales), alzouse con premio na categoría pop-rock. Composto por sete temas de psicodelia pop, o seu álbum I (2017), estreou a Xira Galicia Creativa o pasado 19 de maio na Coruña, unha xira que continuará coas actuacións en Pontevedra este domingo 4 de xuño como peche ao programa Matinés do Principal, e no mes de agosto durante o festival Feito a Man no seu Santiago natal.

 

 

 

 

Na categoría de jazz, o galardoado foi Alejandro Vargas Trío, liderado polo pianista e compositor cubano afincado en Galicia, Alejandro Vargas, cunha longa traxectoria musical, e ao que acompañan o batería L.A.R. Legido (tamén baterista de Sumrrá) e o contrabaixista José Manuel Díaz. Diablito baila (2017) é o LP de nove temas que presentarán o 30 xuño na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, o 6 de xullo no Festival Imaxinasons (Vigo) e en novembro no Festival de Jazz de Lugo.

 

 

Alejandro Vargas Trío y Espiño únense ao palmarés de Galicia Creativa que na súa primeira edición premiou os proxectos Ramos, do artista Juan Ramos na categoría de rock, Prímula, de Cibrán Seixo na de tradicional-folk, e Buxeiro Trío, de Álvaro Buxeiro na de jazz.

Parabéns!

  noticias