II MERCADO GALICIANTUNES NO ATLANTIC FEST
O Atlantic Fest celebra a súa segunda edición do 30 de xuño ao 2 de xullo coa paradisíaca Illa de Arousa como escenario. Ademais do recinto principal do festival na Praia do Bao, as actuacións desenvolveranse en diferentes puntos da localidade, entres os que se atopan o Auditorio Municipal, a Praza de Abastos e nas propias rúas da Illa.
O cartelazo deste ano o compoñen os nosos Os Amigos dos Músicos, Puma Pumku, Esposa e Dois, además de artistas do talle de Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, L. A., Anni B Sweet ou Joe Crepúsculo.
Ademais de boa música e unha paisaxe inigualable, o Atlantic ofrece actividade paralelas, zona infantil, zona gastro e, igual que a pasada edición, o Mercado GaliciaTunes en colaboración con AGADIC. Co obxectivo de crear un espazo de encontro para profesionais e empresas do sector musical galego, o mercado contará cunha carpa de stands, onde tamén terán lugar charlas e showcases por parte de bandas galegas emerxentes como Doen, Antilia, Víctor Coyote, Mecanismo Ruso ou Komodo e Audionave, dous dos gañadores do Concurso de Maquetas de Estudios Mans, máis a presentación de O mar nunha lor da grande Uxía.