• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

SETEMBRO SEGUE DE FESTIVAL

SETEMBRO SEGUE DE FESTIVAL
24 AGOSTO 2017

Chega setembro e con el os días vanse acurtando, empeza a refrescar, cambiamos o plan «praia-terraza-cañas-tapas sen reloxo» por traballo, escola, universidade... pero non todo está perdido! Traémosche os sete festivais festa plataforma que se celebrarán durante o mes de setembro para que a volta á rutina non sexa tan dura. Abre a axenda, elixe os festis, apunta as datas, e a desfrutar!

 

AMEIXA ROCK

Máis que un festival, Ameixa Rock é unha festa de música rock onde, nun entorno mariñeiro como é Carril, mestúrase a música con actividades lúdicas para todas as idades.

Cando?: 1 e 2 de setembro

Onde?: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Quen?: Daboapipa • Zënzar • Barbitúricos • Medomedá • Ánima • Flúe • Rudi Rudi • DJ Plumber’s • Pablo Morón

Canto?: De balde!

Máis?: Hai programadas actividades como unha ruta de observación astronómica, unha festa de fútbol-praia, rutas en kaiak, trofeo de balonmán e olimpíadas mariñeiras para animar os dous días do festival máis alá da música.

 

FESTIVAL ARTEFICIAL

O Arteficial nace co obxectivo de potenciar as iniciativas e mesturar diversas formas de expresión cultural desde o punto de vista da xente nova e desde unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.

Cando?: 2 de setembro

Onde?: Ribadavia (Ourense)

Quen?: BLAAK HEAT • Bliusvai • Druso • First Breath After Coma • Juana Chicharro • Los Bengala • MØURΔ • MOW • Soledad Vélez • Solo Astra • The Phantom Dragsters

Canto?: Entrada simbólica e voluntaria de alimentos non perecedoiros ou bens de hixiene para crianzas.

 

ESPAZOS SONOROS

Festival organizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vincular a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e demais estilos musicais en diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas.

Cando?: 2, 3, 9, 16, 17, 23 e 30 de setembro e 7, 11 e 15 de outubro

Onde?: Espazos distribuídos por toda Galicia

Quen?: Marco e Angela Ambrosini • Eva-María Rusche • Favola d’Argo • Xavier Díaz-Latorre • Samuel Diz • Xesús Vaamonde • Xosé Lois Romero • Manseliña • Pablo Seoane • Alejo Amoedo • Susana de Lorenzo • Austrian Baroque Company

Canto?: Concertos de balde e entrada libre ata completar capacidade.

 

WOS FESTIVAL

Encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, o WOS promove, a partir dun contexto íntimo, a búsqueda e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita en mais de dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.

Cando?: 6-10 de setembro

Onde?: Santiago de Compostela (A Coruña)

Quen?: Alicia Carrera • Beak> • BFlecha • Demdike Stare • Ghost and Tape • Greg Fox • HHY & The Macumbas • Huma • K-X-P • Mwëslee • Nite Jewel • Omni • Oren Ambarchi • Schwarz • Sensible Soccers • Sontag Shogun • Sta • The Dwarfs os East Agouza • The KVB • Tolouse Low Trax • Vladimir Ivkovic • Western Skies Motel • Za! & diola • Kaixo • RRUCCULLA

Canto?: Entradas e abonos a partir de 15 €

 

FESTIVAL DE LA LUZ

Festival único e solidario para público de 0-99 anos con ganas de desfrutar da música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias nun recinto onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación.

Cando?: 8-10 de setembro

Onde?: Boimorto (A Coruña)

Quen?: Mago de Oz • Terbutalina • New Day • The Special Case • Aries • Superglú • Siniestro Total • Rulo y la Contrabanda • Guadalupe Plata • Dr Feelgood • Treixadura • Morgan • Os Amigos dos MúsicosEladio y los Seres Queridos • Los Vinagres • Chris Barron • Banda de Música de Arzúa • Riff Raff • Tregua • Xoán CurielEspiño • Jorge Casal • Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach • Igloo • Andhrea & The Black Cats • Leirabuxo • Rastakeltia • Pandereteiras de Verducido • Rosendo • Jarabe de Palo • León Benavente • La Fuga • Diana Navarro • De Pedro • Rufus T. Firefly • No me pises que llevo chanclas • Santiaguiños de Boimorto • The Funkles • PrimordiaisDe Vacas • Iseo & Dodosound w/ The Mousehunters • Miguel Alberte

Canto?: Entrada de un día por 10 € mais gastos de distribución, abonos esgotados!

Máis?: Zona infantil para os pequenos festivaleiros e, como cada ano, o Mercado de la Luz reunirá os mellores produtos e servizos locais.

 

HIGH GAIN FEST

Segundo asalto para o deleite dos amantes do stoner, o metal e o rock. Nesta edición mais ambiciosa se cabe pretenden abrir mais o abano con música para todos os gustos dentro da filosofía high gain: a distorsión como motor das súas actividades.

Cando?: 9 de setembro

Onde?: Salason Cangas, Cangas do Morrazo (Pontevedra)

Quen?: Bulto • Mano de Piedra • Gravesen

Canto?: 7 € entrada anticipada e 9 € en billeteira

 

LIVE FOR MADNESS METAL FEST

Festival independente e de carácter non lucrativo cuxo principal obxectivo é a promoción e lanzamento de bandas de metal españolas, e en especial as galegas, así como a potenciación de dito estilo musical na provincia.

Cando?: 23 de setembro

Onde?: Campo da Feira (Ourense)

Quen?: TÁLESIEN • Crisix • MorphiuM • Somas Cure • Scent of Death • [IN MUTE]

Canto?: Entradas anticipadas por 14 €

  noticias