ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2018
Vós, indies recoñecidos, tendes ata o 19 de xaneiro para presentar a vosa candidatura aos Premios da Música Independiente 2018. Os MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independente, recoñecen a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes publicadas en España, ademais de dar a coñecer artistas emerxentes, achegar a música e o seu proceso de creación ao público, e consolidar o recoñecemento da actividade creativa.
Se eres artista ou profesional do sector con algunha gravación (álbum, EP ou single) publicada en 2017 por selos independentes ou autoeditada, inscríbete (de balde!) en premiosmin.com; discográficas, editoriais musicais, managers, ou mesmo ti, poden presentar a candidatura á web.
Nesta 10ª a UFI volve apostar pola participación activa do público, que será o primeiro en votar a partir do 29 de xaneiro. Así, o público escollerá aos 30 semifinalistas de cada categoría entre todos os inscritos e, na seguinte fase, un xurado profesional seleccionará aos 5 finalistas nomeados. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará o 14 de marzo no Teatro Circo Price (Madrid).
Premiaranse 21 categorías:
Álbum do ano • Canción do ano • Mellor artista • Mellor artista emerxente • Mellor videoclip • Mellor directo • Mellor álbum de pop • Mejor álbum de rock • Mellor álbum de músicas do mundo e fusión • Mellor álbum de jazz • Mellor álbum de hip hop e músicas urbanas • Mellor álbum de flamenco • Mellor gravación de electrónica • Mellor álbum de clásica • Mellor álbum en catalán • Mellor álbum en euskera • Mellor álbum en galego • Mellor artista internacional • Mellor produción musical • Mellor deseño • Premio de Honra Mario Pacheco.