CONVOCATORIA ABERTA PARA OUTONALIDADES 2018
Un ano máis, a Agadic e a asociación cultural lusa d’Orfeu firmaron o acordo de colaboración para a participación de artistas e grupos galegos na 22ª edición de OuTonalidades, o circuíto de música en vivo cuxa programación se desenvolverá entre o 21 de setembro e o 21 de decembro de 2018 e que este ano presenta un par de novidades: a Mostra Pre-Outonalidades, que se celebrará en marzo, e a Tempada Extra, que prolongará o circuíto ata mazo de 2019, o que duplicará as oportunidade dos artistas participantes.
O ciclo OuTonalidades naceu en 1997 co obxectivo de promover a música en directo e a programación estable de diferentes espazos con vocación cultural. Máis dunha vintena de anos de celebración initerrumpida despois, o circuíto caracterízase pola heteroxeneidade e a autenticidade dos artistas e dos proxectos artísticos programados nunha rede cada vez máis ampla de cafés, bares, teatros ou pequenos auditorios.
O prazo de inscrición para esta nova edición está aberto ata o 31 de xaneiro; todo aquel grupo ou solista galego, de calquera xénero musical que teña mono de xira transfronteriza, xa pode formalizar a súa inscrición, previo rexistro na web de d’Orfeu para crear e activar unha conta de usuario. Como? Seguindo estas sinxelas instrucións.
Con todos os candidatos, d’Orfeu creará unha bolsa de espectáculos preseleccionados dispoñibles segundo os seus cachés de contratación para que, posteriormente, os espazos asociados a OuTonalidades elixan aos artistas que integrarán o calendario de concertos.