• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA #SONIDOSMANS

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA #SONIDOSMANS
6 MARZO 2018

Es músico o tes unha banda? Queres vivir un festival desde o escenario? Entrar a gravar en Estudios Mans? Pois ve preparando un tema, orixinal e inédito, porque xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición de #SonidosMans.

O concurso, organizado por Estudios Mans (A Coruña), en colaboración coa Agadic e Radio 3, entre outros, está aberto a todo aquel solista ou grupo que non asinase un contrato discográfico ou distribuído comercialmente ningún traballo con anterioridade á participación do concurso; inscríbete en https://www.sonidosmans.com/participa/ ata o 6 de abril. 

O 16 de abril, Paula Quintana, do programa Capitán Demo de Radio 3, seleccionará as 50 mellores propostas entre todas as bandas candidatas, que pasarán a ser semifinalistas. Do 17 ao 30 de abril, estará aberta a votación popular; os 25 grupos máis votados, pasarán á final. Destes 25, un xurado designado polos promotores e organizadores dos festivais participantes na plataforma será o encargado de elixir a banda que formará parte do seu cartel, que se dará a coñecer o 15 de maio.

Se gañas, imaxina como quedaria o teu nome, ou o do teu grupo, nos carteis dun destes festivais: Atlantic FestFestival de la LuzFestival Sinsal Son Estrella GaliciaO MarisquiñoO Son do CamiñoPortAméricaRevenidasVive Nigrán

Dúbidas? Resólveas aquí!

  noticias