• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ATLANTIC EMPRENDE + GAIÁS, NOVO ESPAZO DE ENCONTRO PROFESIONAL ARREDOR DA INDUSTRIA MUSICAL

ATLANTIC EMPRENDE + GAIÁS, NOVO ESPAZO DE ENCONTRO PROFESIONAL ARREDOR DA INDUSTRIA MUSICAL
13 MARZO 2018

A súa primeira confirmación foi a banda británica The Vaccines, despois veu o cartaz do primeiro Atlantic Days con Iván Ferreiro no Playa Club (A Coruña) o 14 de abril e, a vindeira fin de semana, Atlantic Fest chegará á Cidade da Cultura de Galicia con Atlantic Emprende + Gaiás.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración co Atlantic Fest e co apoio da Agadic, presenta Atlantic Emprende + Gaiás, encontro profesional arredor da industria musical que se celebrará no Gaiás durante o sábado 24 e o domingo 25 de marzo. Dirixidas a profesionais, estudantes, emprendedores e empresas do sector musical, as xornadas incluirán charlas de expertos sobre retos e oportunidades da industria no panorama actual e como afrontalos, networking e, por suposto, moita música. 

Entre os relatores atópanse Gema del Valle (Subterfuge Records), especialista en comunicación, marketing e redes sociais; Iñaki Gaztelumendi, antigo director xerente de Turismo Santiago e especialista en estratexia do sector turístico; a investigadora en desenvolvemento económico, urbanismo e industrias culturais Paloma Medina, ou o portugués José Barreiro (Pic-Nic Produções), director do NOS Primavera Sound (Porto) e impulsor e co-organizador do Paredes de Coura (Viana do Castelo). 

Artistas galegos como Rapariga DJ ou DeVacas poñerán banda sonora, en acústico, ao peche de cada xornada. 

A asistencia a Atlantic Emprende + Gaiás é de balde, previa inscrición a través de http://atlanticfest.com/emprende-gaias/#registro-emprende, con prazas limitadas.

Confirmado! Os do Atlantic sabe como crear expectación... 

  noticias