• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

PRESENZA GALEGA ASEGURADA NA MONKEY WEEK SON ESTRELLA GALICIA

PRESENZA GALEGA ASEGURADA NA MONKEY WEEK SON ESTRELLA GALICIA
22 MAIO 2018

O festival urbano Monkey Week SON Estrella Galicia celebra este ano o seu décimo aniversario cunha edición especial conmemorativa do 19 ao 24 de novembro en Sevilla. Nestes dez anos, o Circuíto de Showcases converteuse nunha plataforma imprescindible para dar a coñecer, en directo, as principais novidades da escena musical independente.

Grazas a un acordo entre a AGADIC e Monkey Week SON Estrella Galicia co obxectivo de promover a participación de solistas e grupos galegos no festival, cando menos seis artistas ou bandas de Galicia terán a oportunidade de participar no Circuíto de Showcases, evento que, baixo o formato de feira e encontro profesional, oferta actuacións de corta duración para público, prensa especializada e profesionais acreditados.

Destinado só a artistas ou bandas con axencias de representación (discográficas, axencias de management, institucións, etc.), o prazo de inscrición para o Circuíto estará aberto ata o 2 de xullo ás 12.00 h a través da web gigmit. Os grupos seleccionados realizarán dous showcases nos que a organización do festival poñerá á súa disposición o escenario, son e un backline básico, ademais dunha bolsa de viaxe de 250€.

Agoraphobia, Aries, BALA, Os Amigos dos Músicos, Basanta, Novedades Carminha ou Bifannah son algúns dos grupos galegos que xa pasaron polo escenario da Monkey Week, unha aposta excepcional para a música pop de Europa e Latinoamérica destinada a chamar a atención de axentes musicais e promocionar a música en directo.

 

Máis información en www.monkeyweek.org.

  noticias