• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

11 Á SAÚDE DOS VOSOS OÍDOS

11 Á SAÚDE DOS VOSOS OÍDOS
6 XUÑO 2018

A primavera está a piques de rematar e as festas de verán están á volta da esquina (chova ou non chova a fogueira de San Xoán acenderase en 15 días!). Logo dun longo inverno e unha primavera inexistente, máis dun precisa tomarse un respiro e, se ademais ten a sorte de estar en Galicia, comezará unha procesión polas festas patronais e celebracións gastronómicas... con todo o que isto leva. É entón cando os principiantes inícianse no «botellón» e os adultos empapámonos da esencia das tabernas e «furanchos», das cuncas e os beneficios que o viño ten para a saúde. E como as dúas-copas-ao-día-son-boas-para-o-corazón prescritas seica non son suficiente, pasamos ao licor café... e pedimos unha, e outra, e outra máis.

Pero todo o bo acaba e o corpo humano necesita recuperar horas de soño e litros de auga. As despedidas son amargas, e o viño doce, así que antes de que isto se nos vaia das mans, deixámosvos unha última copa e 11 temas de grupos e artistas que saben (dabondo!) do que estamos a falar.

Litrona de M*rcadona - Aula 11

 

Botellón y heridasSinestesia

 

Quen teña viño - Quempallou

  

 

Na miña taberna - Ruxe - Ruxe

 

Cuncas - Boyanka Kostova

 

Licor café - Superoito

 

Que terá o LK - Sacha na Horta

 

Galicia es una fiesta - Ataque Escampe

 

Ponme una más - Comando Katana

 

Borracho son pelijroso - Heredeiros da Crus

 

El vino de las despedidas - David Quinzán

ETIQUETAS

  noticias