• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

PORQUE AÍNDA QUEDAN DÍAS DE VERÁN... E FINDES DE FESTIVAIS! SETEMBRO 2018

PORQUE AÍNDA QUEDAN DÍAS DE VERÁN... E FINDES DE FESTIVAIS! SETEMBRO 2018
17 AGOSTO 2018

O último que queremos é ser augafestas pero... si, agosto está a piques de rematar, setembro está á volta da esquina e falta pouco máis dun mes para que comece o outono. Xa anoitece antes, comeza a refrescar, o plan de «praieo», «piscineo», «terraceo» e demais «–eos» estivais sen ter en conta o reloxo cambia por traballo, escola ou universidade. Aínda así, deixámosche os catro festivais desta plataforma que se celebrarán durante o mes de setembro para que á volta a rutina non sexa tan dura. Elixe festi(s)... e estrea axenda!

 

ESPAZOS SONOROS

Festival organizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que pretende vincular a música coa posta en valor do patrimonio histórico-artístico, mediante a celebración de concertos de música clásica e demais estilos musicais en diferentes e sorprendentes espazos de interese cultural das catro provincias galegas.

 

Cando?: 1, 2, 8, 15, 16, 23, y 30 de setembro e 7 de outubro

Onde?: Espazos distribuídos por toda Galicia

Quen?: Marés • Sax Antiqua • Capella Sancta Maria • M. Sancho Quartet • VIVID Consort • PER-SONAT • Romanza

Canto?: Concertos de balde e entrada libre ata completar capacidade.

Máis?: Espazos Sonoros ofrece un obradoiro de música antiga o 23/9 ás 17.00 h en Santa María de Castrelo (Ourense), ademais da proposta «Coñece o teu patrimonio», unhas andainas que se desenvolverán na Illa de Sálvora, o campamento romano de Ciadella, a Casa Grande de Trasalba, Atalaia da Frouseira, O Incio e Muxía. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org.

 

 

 

 

FESTIVAL ARTEFICIAL

O Arteficial nace co obxectivo de potenciar novas actividades e mesturar diversas formas de expresión cultural desde o punto de vista de xente nova e desde unha postura actual e innovadora, atendendo así á demanda da xuventude en xeral.

 

Cando?: 1 de setembro

Onde?: Ribadavia (Ourense)

Quen?: Ambre • Big OK • Chalo Correia • Esteban & Manuel • Guau • LaBaq • Oh Ayatollah • Sara Fontán • Whales

Canto?: Entrada simbólica e voluntaria de alimentos non perecedoiros ou bens de hixiene, sobre todo para nenos, en colaboración con Cruz Vermella O Ribeiro.

Máis?: Ademais das 14 horas de música alternativa, o Arteficial acolle outras actividades paralelas como o Colchoneta Film Festival, o Mercado das Sementes e Graffiti + Viño. Para os máis cativos, o festival ofrece un obradoiro de música e patrimonio impartido pola arquitecta Sheila García que se desenvolverá na igrexa da Madalena, onde os nenos coñecerán «a música contemporánea mediante o xogo [...] a través do espazo e dos sentidos»; as inscricións están abertas ata o 25 de agosto en ola@arteficial.org.

 

 

 

FESTIVAL DE LA LUZ

«Benvidos ao Festival de la Luz, a miña casa, e estes días tamén a vosa casa»; así presenta Luz Casal este festival único e solidario para público de 0-99 anos con ganas de desfrutar da música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias nun recinto onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación.

 

Cando?: 7-9 de setembro

Onde?: Boimorto (A Coruña)

Quen?:

Venres 7 Os Resentidos • Eskorzo • Riff Raff • Rodrigo Mercado • Mordem • Banda de Música de Arzúa

Sábado 8 Love of Lesbian • Elliott Murphy with Olivier Durand • Josele Santiago • Sex Museum • Javi Maneiro • Vargas Blues Band • Furious Monkey House • Nunatak • Marilia • Los Vinagres • Agoraphobia • Los Motores • Xoán Curiel • Pelepau • Pandereteiras de Verducido • The Dawlins

Domingo 9 Kase.O • Mi Capitán • Conchita • Andrés Suárez • Cristina Rosenvinge • Sr. Chinarro • Mitic, El Espectáculo • Chris Barron • Músculo!MJ Pérez • Tempo Norte • Santiaguiños de Boimorto

Canto?: Entrada de díapor 10 € mais gastos de distribución, abonos esgotados! A recadación deste ano destinarase á loita contra os incendios en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na Residencia e Centro de Día para personas maiores do Concello de Boimorto.

Máis?: Entre as actividades complementarias atópanse os xa famosos concursos Cultivando Música, Cultivando Deporte e Cultivando Deseño. Ademais, o festival ofrece unha zona infantil para os pequenos festivaleiros e, como cada ano, o Mercado de la Luz reunirá os mellores produtos e servizos locais.

 

 

 

WOS FESTIVAL

Encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, o WOS promove, a partir dun contexto íntimo, a búsqueda e difusión de novas propostas culturais. Música, artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita en mais de dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela: un teatro, tres museos, un cine, un mercado, tres salas de concertos e unha igrexa.

 

Cando?: 12-16 de setembro

Onde?: Santiago de Compostela (A Coruña)

Quen?: Abu Sou • Abul Mogard & Marja de Sanctis • Christina Vantzou • Death Whistle • Jasss • Kreidler • Laurel Halo • Nadah El Shazly • Oddisee • Ron Morelli • Skee Mask • Spectrum • Sumrrá & Laura Iturralde • Suso Saiz • Territoire • The Evil Usses

Canto?: Abono Premium (acceso aos cinco días do festival) por 50 € (máis gastos) online ou por 60 € no despacho de billetes e Abono Weekend (de venres a domingo) por 40 € (máis gastos) online e 50 € no despacho de billetes. As entradas de días xa se esgotaron!

Máis?: Ademais da ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade de Santiago de Compostela coa música alternativa como banda sonora, a programación do WOS inclúe outras actividades actividades complementarias como proxeccións cinematográficas, charlas ou coloquios, entre outras.

 

 

  noticias