ABERTA A CONVOCATORIA PARA O SHOWCASE SCOTLAND DO CELTIC CONNECTIONS 2019
O Celtic Connections, festival que se centra nas raíces da música tradicional escocesa famoso por reunir a artistas internacionais de música folk e world music, vén de anuncia que Galicia será o territorio invitado do Showcase Scotland 2019, incluído na programación da próxima edición do festival; unha iniciativa para impulsar a proxección exterior de novos talentos musicais escoceses xunto cos do país invitados.
Grazas a un acordo entre Celtic Connections e a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Showcase Scotland presentará unha selección de seis artistas ou grupos galegos, quen compartirán cartel con músicos de renome internacional, durante a 26ª edición que se celebrará en Glasgow (Escocia) entre o 30 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2019. Os concertos estarán abertos tanto ao público en xeral como a axentes, selos discográficos e medios de comunicación, entre outros, que asistirán como delegados internacionais acreditados.
Os artistas interesados deberán completar o formulario de solicitude e enviarlo por correo electrónico a celticconnections@glasgowlife.org.uk antes do 21 de setembro ás 17.00 h, hora local escocesa (18.00 h en Galicia), xunto cunha ligazón de SoundCloud ás tres pistas que mellor representen o seu traballo, e unha listaxe de especificacións técnicas.
Tal e como se especifica no devandito documento, cada unha das seis bandas ou intérpretes desenvolverá un concerto cunha duración mínima de 40 minutos, ademais de ter a oportunidade de ser elixida para actuar no Festival Club, nas sesións BBC ou na gala inaugural do festival.
Entre as NOTAS ORIENTATIVAS, destacan:
1. O traballo dos artistas debe estar baseado nos seguintes xéneros: acústico, folk, música de raíz, música en galego, música tradicional ou world music.
2. Os artistas terán unha traxectoria previa demostrable en Galicia, incluíndo, por exemplo, críticas, festivais e actuacións.
3. Deberán ser capaces de amosar a capacidade de maximizar as oportunidades de promoción que o Showcase Scotland Expo ofrece, como unha forte presenza na rede e nas redes sociais.
4. Deberán ser capaces de expresar as súas razóns para inscribirse no Showcase Scotland e a relevancia que esta oportunidade tería na súa carreira.
5. Deberán estar dispostos a realizar entrevistas, etc., segundo o Showcase Scotland requírao.
6. Deberán estar dispoñibles para actuar en Escocia entre o 30 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2019.
Máis información en Celtic Connections – Blog.