• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GALICIANTUNES ON TOUR EN SOL MADRID

GALICIANTUNES ON TOUR EN SOL MADRID
13 FEBREIRO 2019

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa produtora JAU® Cultura para a reserva de un slot que garanta a presenza dunha banda ou artista de Galicia na segunda edición de SoL Madrid, evento de música e negocios que reunirá do 6 ao 8 de xuño no Impact Hub Gobernador un exclusivo grupo de empresas, profesionais, asociacións, medios de comunicación e programadores de festivais e axencias de contratación de todo o mundo.

O acordo, que se desenvolverá baixo a marca GalicianTunes On Tour, inclúe a programación dun showcase-concerto promocional de 20 minutos a celebrar en día, hora e lugar propostos pola organización, así como, entre outras, as seguintes vantaxes:

 

• Acreditación profesional para un representante da banda ou artista para o acceso a todas as actividades programadas

• Produción de escenario, iluminación, equipo de audio e técnica

• Backline básico

• Persoal técnico profesional de apoio

• Área de backstage totalmente equipada

• Promoción integrada no programa oficial (impreso e dixital)

• Asistencia asegurada de compradores ao showcase

 

A presentación online de propostas é ata o xoves 28 de febreiro a través de SoL Network cun custo por inscrición de 15 €. A resolución da convocatoria comunicarase antes do 15 de marzo.

 

ℹ️ En virtude do acordo coa Agadic, a banda ou artista seleccionado/a non terá que asumir o custo de produción; os gastos de loxística propios non están incluídos.

  noticias