• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GAÑADORES #SONIDOSMANS 2019

GAÑADORES #SONIDOSMANS 2019
14 MAIO 2019

A terceira edición de #SonidosMans, o concurso de bandas emerxentes organizado pola Fundación Paideia Galiza co apoio da Agadic, xa ten gañadores! A través desta iniciativa promóvese poñer en valor o talento de emprendedores do sector musical nun certame, destinado á promoción de músicos e grupos de España, que contou este ano con máis de 300 inscritos; deles, un xurado composto por Nonito Pereira (MondoSonoro Galicia), Patricia Hermida (manager/promotora) e Javier Becerra (periodista de La Voz de Galicia) seleccionou as 50 mellores propostas, que participaron na fase de votación popular que deixou 25 grupos finalistas.

Da derradeira fase de selección encargouse un xurado designado por cada un dos festivais colaboradores, quen decidiu as oito bandas que formarán parte do cartel do seu festival, ofrencéndolles a oportunidade de compartir táboas con artistas e grupos como Iggy Pop, Vetusta Morla, Andrés Calamaro ou Los Planetas, entre outros.

 

Moito! (A Pobra do Caramiñal, A Coruña) – O Son do Camiño

 

 

 

Berta Franklin (Lugo) – PortAmérica

 

 

 

Los Jinetes del Trópico (Monforte de Lemos, Lugo) – Atlantic Fest

 

 

 

Geométrica (Barakaldo, Biscaia) – 17º Ribeira Sacra

 

 

 

 

 

 

Iko Cuyagua (Madrid) – Sinsal SON Estrella Galicia

 


 

 

Carolina Rubirosa (A Coruña) – Revenidas

 


 

 

Ambigüo (Laracha, A Coruña) – SonRías Baixas

 


 

 

Lora (Carral, A Coruña) – Festival de la Luz

 

 

Ademais, os gañadores terán a ocasión de gravar un single e vídeo en directo en Estudios Mans (A Coruña).

  noticias